Na súa primeira sesión, Ana amosounos diversas actividades de expresión e
comprensión oral. Unha actividade das actividades propostas chámase Show and tell e consiste en traer un
obxecto e explicar algo sobre el. Isto ofrece a posibilidade de que traian
obxectos curiosos, de que fagan unha presentación divertida, etc. Nunha sesión
de Luz, por exemplo, dividímonos en dous grupos e Luz entregounos unha folla dun
caderno diferente a cada grupo. A actividade consistía en dialogar por grupos
na lingua estranxeira e explicarlle posteriormente á docente de que estaban
feitas as dúas follas de papel que nos entregara. Curiosamente unha delas
estaba feita de pedra, mentres que a outra estaba feita de excrementos de alce.
A proposta resultoume moi interesante e a actividade de Show and tell pode enfocarse a traer obxectos e explicar como están
feitos, por exemplo, e englobala nunha unidade que trate a reciclaxe ou o medio
ambiente.
Outra posible actividade é que o docente faga unha pregunta a cada alumno.
Despois, cunha pelota pódese facer un xogo no que a persoa que lance a pelota
deba dicir algo sobre a persoa a quen lla pasa. Para esta e outras actividades
é moi importante saber o nome dos nosos alumnos para poder conseguir que todo o
mundo participe sen necesidade de seguir unha orde que eles coñezan. Desta
forma tamén se lle pode dar cabida a aquelas persoas máis tímidas. O docente
deberá estar atento para facer participar a toda a clase, lanzándolle a pelota
a aqueles alumnos que non a reciban.
Outra posible actividade consiste en elaborar unha lista de cousas que os
alumnos deben ir preguntando en inglés aos seus compañeiros para atopar a
alguén que realizara tales actividades. Eu xa realizara esta actividade na
escola de linguas e paréceme unha actividade moi útil porque o docente pode
elaborar as preguntas en función do que queira traballar, xa que as preguntas
poden ser de calquera tema e conter o vocabulario ou os tempos verbais que o
docente considere adecuados. Ademais, permite traballar tanto as fórmulas
interrogativas como as afirmativas e negativas.
Por último, estivemos vendo diversas formas de explotar unha actividade de
comprensión oral e aprendemos que se debe traballar antes, durante e despois,
algo que na miña experiencia como alumna non se facía. Dependo do nivel de
dificultade algunhas veces cómpre dar algún tipo de scaffolding antes de facer o listening
e outras chega con facer actividades de brainstorming
inicial. A chuvia de ideas pode estar guiada polo docente para que aparezan
termos que sairán na actividade posterior. Ao rematar a actividade de listening sempre se pode debater sobre
as impresións que causou a actividade ou facer máis actividades relacionadas.
Moi bo resumo da sesión e con aportacións persoais.
ResponderEliminar